Metal Lyrica - The Largest Metal Lyrics Archive
 www.metallyrica.com
# A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z
Search lyrics by band name or use our Advanced Search engine: 
Advanced Search 


XERIóN LYRICS

A Harpa do Guerreiro

"A Harpa do Guerreiro" (2004 Demo)

1. Ith
2. De svevis in Gallaecia
3. Os cantos dos bardos
4. Do eterno xeo
5. Na soidade do Aloia
6. A harpa do guerreiro
7. Avernus (Bonus)
8. Madrigal da lúa (Bonus)
9. O aveluiro andarego (Bonus)







1. Ith

Sangue de heroe
Derramanda traizón
Bágoas silenciosas
Dos fillos de Mil
A vinganza navega
Ata os mares da Irlanda
Mais a maxia dos Tuatha
As súas mentes dispersa
Tres días de treboada
Ó horde da loucura
Invocación poética
Do bardo Amairxén
Embruxos vencidos
Polas forzas primitivas (da Natureza)
Sons de batalla
Invaden montes e montañas
Por Ith...




2. De svevis in Gallaecia

Cara as lonxanas terras no cabo do mundo
O escollido entre os bárbaros guía ó seu pobo
Ríos, vales e montañas cruzan ameazados
Polas ansias de grandeza dun ousado e sanguento caudillo
A súa valentía e prudencia non coñecen fronteiras
Chegando con forzas intactas á terra dos castros
Dominio...
Mais a grandeza acadada
Pola sabiduría da experiencia
Merma coa anarquía das xoves almas
Cunha confianza corrompida e non propia
Decadencia...
...ruina...
...vago recordo




3. Os cantos dos bardos

Na fraga da nosa historia
Escoito as cantigas do recordo
Gravadas na mente dos elexidos
Mergulladas no silencio de cuartos escuros
Sons escritos no ferro co sudor
Daqueles que forxaron o seu propio destino
Sons escritos nas penas coas bágoas
Daqueles que foron levados pola soidade
Sons escritos nas armas co sangue
Daqueles que non lle fuxirón á liberdade
No aire respírase a maxia
Das notas que lembran ós nosos antergos
Na iauga bébese o vago reflexo
Dos mellores e gratos tempos vividos
Na terra descansan aqueles
Que coa súa morte déronnos a vida
No lume arde o infinito desexo
Da miña esperanza




4. Do eterno xeo

Nas lonxanas terras da eterna maxia
O destino navega pola claras do equilibrio
A xustiza rexe os camiños dos homes valentes
A sabiduría alumea os enredos das immortais almas
Mais os mortos en vida pola ignorancia
Con artimañas sembran a discordia
O druida acode a eles coa realidade
Mais a súa verdade será traicionada
Os bosques morren baixo o frío
Un manto de pálida neve abraza os corpos
Negras sombras cobren a claridade
Comeza a era do eterno xeo
Silencio...
Mais no recóndito dos non dormidos
Agóchase o tesouro máis preciado
Aquel que ós catro ventos contaba o elexido
Aquel que coñecen como luz eterna dos valerosos..
A liberdade...




5. Na soidade do Aloia

Camiñando cara cima
A lúa observa os meus pasos
Os astros revelan o meu destino
Co mar no horizonte incerto
Perdido nas vacilacións dos mortais
A gadaña sesga os fíos da noite
Nas árbores que me arrodean
Resguárdome dos ollos da hipocresía
¿Por que lle temen á soidade
Cando os pensamentos son a mellor compañía?
¿Por que se senten tan seguros
Cando a cobardía é o seu trono?
Un home sen recordos non existe...




6. A harpa do guerreiro




7. Avernus (Bonus)




8. Madrigal da lúa (Bonus)




9. O aveluiro andarego (Bonus)

 


Search lyrics by band name or use our Advanced Search engine: 
# A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z
  www.metallyrica.com 


Contact e-mail: webmaster@metallyrica.com
Copyright (c) 2007 - Metallyrica.com - All lyrics are the property and copyright of their respective owners.
All lyrics provided for educational purposes and personal use only. Please read the disclaimer.

About Us - Submit Lyrics - Privacy Policy - Disclaimer - Links